Na edición deste mércores, o programa "Land Rober Tunai Show" recibirá a visita dos actores Antonio Duran "Morris" e Mariana Carballal, caras sobradamente coñecidas pola súa aparición en series e programas da Televisión de Galicia. Coa súa participación, armaranse sketchs tan dispares como unha entrevista a un vikingo, un xuízo a Son Goku ou un "aterra como poidas" ao estilo "Tunai Show". Un show cos habituais enredos co público e os espectadores, coa presenza de Xosé A. Touriñán, Eva Iglesias e o propio Roberto Vilar.