Hoxe despedimos a un membro da nosa parroquia. Un traballador incansable, que xamais se esqueceu de Saxamonde, onde descansaba de longas xornadas de traballo ao frente da emblemática Cafetería Zeus da que estivo sempre ao frente xunto ao seu irmán Felipe.

Sempre cunha cara amable, esbozando un sorriso a calquera hora que te atendese.

Queremos acompañar na dor a esa familia que hoxe chora a marcha dun dos seus piares. Sempre unidos ante calquera adversidade. Hoxe, mais que nunca, xuntos, dándose forza para deixar marchar a unha gran persoa. Todos e todas, nesta parroquia lles daremos forzas. E decimos todos e todas porque somos moitos os que estamos agradecidos pola súa implicación, por axudar a todo veciño/a que lle pedise axuda e por ter ese gran corazón.

Dende a Comunidade de Montes de Saxamonde en Mancomún queremos dar o último adiós a Erundino Senra, membro da Xunta Directiva, e agradecer a súa desinteresada colaboración coa parroquia.