Un home faleceu esta noite -por causas naturais- cando manipulaba a caldeira de gasóleo na súa vivenda, en Vilafría, Atios, no termo municipal do Porriño. Á 01:00 horas desta madrugada, os servizos sanitarios de urxencia comunicaban ao persoal do 112 Galicia o falecemento dunha persoa. Indicaban que o home empezou a sentirse mal mentres manipulaba unha caldeira. Aínda que unha ambulancia xa estaba -neses intres- no enderezo citado, os sanitarios, só puideron certificar o falecemento da persoa.

Tras recibir a alerta, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112, decontado puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil, dos Bombeiros de Baixo Miño e dos efectivos de Protección Civil. Tamén informou ao persoal da empresa subministradora do gas da zona.

Os Bombeiros, nada mais chegar e despois de facer as correspondentes medicións, comprobaron que os resultados eran positivos en cantidades moi pequenas da parte baixa da casa, polo que descartouse, que ese, fose o motivo do falecemento da persoa.