O comercio de Redondela festexou o mes das Letras Galegas. Preto de 50 comercios expuxeron nos seus escaparates case 200 libros en galego. A campaña, impulsada dende o Servizo de Normalización Lingüística en colaboración coa Asociación de Empresarios de Redondela, buscou visibilizar o libro galego e divulgar a lectura. Os impulsores valoraron positivamente esta campaña polo nivel de participación e a boa recepción entre comerciantes e clientes. Dende o SNL, ademais, animouse a veciñanza a usar o galego na relación cos comercios.