O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, participou no acto de recibimento dos novos concellos que se pasarán a formar parte do programa Apego, do que Redondela foi cofundador.

A xornada, celebrada no Concello de Nigrán, supuxo unha nova reafirmación a prol do uso e dinamización da lingua galega nos primeiros anos de vida dos cativos e cativas. A continuidade das actividades (material didáctico, contacontos, música,obradoiros etc.) supón un paso na consolidación deste proxecto pedagóxico e lingüístico. A concelleira de Ensino, Teresa París, sinalou que o "Concello segue a apostar por todos os programas que potencien a nosa lingua e este programa é moi importante xa que potencia o uso do galego dende que os nenos son moi cativos" .