Os actos centrais do Día da Restauración da Memoria Lingüística en Nigrán terán lugar mañá sábado no cemiterio municipal. Ademais de colocar o cartel do recinto en galego, o goberno local honrará ao ilustre escritor Carlos Casares e tamén ao mestre Vázquez Grela con senllas ofrendas florais perante os seus familiares.

"Neste día no que promovemos o uso do galego en todos os eidos, queremos recordar a Casares porque, como veciño de Nigrán que foi, representa a un dos máis grandes escritores en lingua galega", sinala o alcalde, Juan González, quen adianta que o Concello festexará as Letras Galegas na sua honra con actos ao longo de todo o ano que vén.