A celebración do Día da Patria Galega na comarca do Val Miñor centralízase hoxe en Gondomar baixo o lema "Construíndo pontes" .

A comisión organizadora convoca a todos os galeguistas e nacionalistas de diferentes adscricións políticas ás 21.00 ao auditorio Lois Tobío, onde se proxectará un documental sobre as Irmandades da Fala, seguido de discursos arredor da reivindicación da nación galega e dun convivio.