VAL MIÑOR

Peitieiros convoca o seu terceiro certame literario co gallo das Letras Galegas

07.04.2016 | 02:08

O centro cultural de Peitieiros conmemora o Día das Letras Galegas cun concurso literario por terceiro ano consecutivo. O certame está aberto a calquera veciño de Gondomar cunha obra escrita en galego normativo, tanto en prosa coma en verso, cunha extensión máxima de dúas páxinas (corpo da letra 12 e interliñado 1,5).

Os traballos xulgaranse por categorías de idade. Unha ata os 12 anos, outra de 12 a 18 e outra de 18 en diante. Os participantes deberán presentalos antes do día 12 de maio no centro nun sobre no que só se indique a categoría, acompañados doutro sobre, no que aparecerán o nome, idade, domicilio e teléfono do autor. O xurado fallará o día 22 de maio no acto das Letras que se desenvolverá no local ás 19.00 .

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

FARO IMPULSA

El evento se celebrará el próximo 14 de diciembre y contará con ponencias de mujeres líderes en el entorno digital y tecnológico.
¡Inscríbete!


 
Lo último Lo más leído

Enlaces recomendados: Premios Cine