VAL MIÑOR

O IEM conmemora o 50 aniversario da morte de Victoriano Taibo e publica contos inéditos

Convoca un acto este venres para honrar a figura do escritor das Irmandades da Fala e académico da lingua e reivindicar un Día das Letras na súa honra

15.03.2016 | 02:23
Miguel Anxo Mouriño amosa a portada dos "Contos pequenos" de Taibo. // Adrián Irago

Unha obra inédita de Victoriano Taibo sairá á luz da man do Instituto de Estudos Miñoráns con motivo do 50 aniversario do seu pasamento, o 13 de marzo de 1966. A entidade cultural conmemora o medio século da morte do mestre galeguista membro das Irmandades da Fala e académico da lingua cun acto convocado este venres na súa sede, na aula Ponte de Rosas de Gondomar, ás 20.30. Un encontro literario no que se reivindicará unha vez máis un Día das Letras Galegas na honra do escritor e no que se presentará o proxecto da edición de "Contos pequenos", una escolla de relatos populares infantís que o autor traduciu e encadernou, xunto con debuxos de Rial, para Hixinio Beiras Cal, o fillo dos seus amigos Antón Beiras e Antía Cal, co propósito de que o neno puidese ler en galego nunha época na que apenas existían historias para nenos no noso idioma, segundo explica o escritor Miguel Anxo Mouriño, director da área de literatura do IEM.

A edición facsímile do manuscrito agasallado por Taibo será realidade nuns meses. O IEM conta co compromiso do Concello de Gondomar de financiar parte da publicación con 1.200 euros, segundo anunciou o propio alcalde, Paco Ferreira, na última gala de entrega do premio que leva o nome do autor vinculado a Gondomar ao exercer como mestre nas escolas de Guillufe, en Morgadáns, na primeira metade do pasado século.

Os textos e ilustracións acompañaranse de comentarios do propio Hixinio Beiras, que os conserva desde a infancia, e de persoeiros da literatura galega como Xesús Alonso Montero, Camiño Noia ou Gonzalo Navaza. Estes tres últimos participarán no acto previsto este venres para por en valor de novo a un autor galego "relegado inxustamente ao esquecemento", manifesta Mouriño, a pesares da súa relevancia na historia e na literatura do país.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

FARO IMPULSA

El evento se celebrará el próximo 14 de diciembre y contará con ponencias de mujeres líderes en el entorno digital y tecnológico.
¡Inscríbete!


 
Lo último Lo más leído

Enlaces recomendados: Premios Cine