O cuarto festival "Lareta" fai de Redondela a capital dos monólogos en galego

Federico Pérez, Paula Carballeira, Pedro Brandariz, Isabel Risco e Fran Rei actúan ao longo deste mes

05.01.2016 | 02:05

O Servizo de Normalización Lingüística, adscrito á Concellaría de Cultura, organiza un ano máis o festival de monólogos "Lareta".

Este é xa o cuarto no que intérpretes de diferentes estilos e orixe artística ofrecerán un espectáculo onde a palabra é a protagonista. O obxectivo deste festival de monólogos e contadas é precisamente ese: laretar, falar sen control e sen medida, dicir o que se queira dándolle o protagonismo absoluto á palabra en lingua galega.

O "Lareta" é unha proposta creativa e artística que promove a oralidade, ao tempo que descobre e divulga o traballo creativo daqueles artistas que desenvolven o seu traballo na nosa lingua propia.

Co aval do éxito de público das anteriores edicións, desenvolvidas en Redondela e Chapela, o Lareta converteuse nun referente na oferta cultural redondelá dos últimos anos. Este Lareta 2016, que se celebrará os sábados 9, 23 e 30 de xaneiro, ás 20.00 horas, contará con Federico Pérez, Paula Carballeira, e un espectáculo a tres bandas protagonizado por Pedro Brandariz, Isabel Risco e Fran Rei.

A programación é a seguinte. O 9 de xaneiro actúa Federico Pérez co monólogo "Está... porque tiña que haber de todo"; o 23 de xaneiro, Paula Carballeira con "Os contos que non che contaron"; e o 30 de xaneiro. Pedro Brandariz, Isabel Risco e Fran Rei representarán o espectáculo "Falar sen cancelas".

O prezo da entrada xeral é de 5 euros e da reducida 3 euros (para persoas desempregadas, xubiladas, estudantes e menores de 18 anos). A programación é recomendada para maiores de 16 anos e terá lugar no Auditorio da Xunqueira.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Enlaces recomendados: Premios Cine