| Un total de 33 veciños de Nigrán deixaron onte constancia oficial do seu desexo de que todo o relacionado coa súa morte se escriba en galego. Foi unha firma de últimas vontades enmarcada nos actos do Día da Restauración da Memoria Lingüística, nos que se lle rendeu homenaxe ao mestre asasinado por falanxistas José Vázquez Grela cunha lápida traducida e se descubriu unha praca adicada aos defuntos do camposanto de San Fiz.