Firma de acta de vontades en galego

Carlos Varela, o fiscal superior de Galicia, foi o notario ante os veciños

01.06.2014 | 01:43
A concelleira Teresa Pérez e intervintes, onte, durante o acto no cemiterio de Santa María.

Un acto de alta sensibilidade e agarimo precedeu a firma da acta de vontades por parte de veciños e veciñas de Salceda de Caselas que desexan que todo o relativo o seu pasamento se realice exclusivamente en lingua galega. A primeira veciña foi Carmen Troncoso. Nas súas verbas lembrou que "aprendín a falar en galego, chorei e criei ós meus fillos en galego" e agora lles pide que reciban a acta que asinou onte, ante Carlos Varela, Fiscal Superior de Galicia, como notario.

A concelleira Teresa Pérez presentou o acto ante o lugar onde está soterrado o seu avó, mentres o cuarteto "Tempo Primo" interpretaba pezas axeitadas para este momento, propiciado dende a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüistica de Galicia, que contou con Carme Vaquero como representante. O párroco de Santa María de Salceda, Francisco Javier Ojosnegros, referiuse a orientacións do Concilio Vaticano II para empregar "unha lingua litúrxica sinxela" e en galego. O Secretario Xeral de Política Lingüistica, Valentín García, suliñou o agarimo con que se fixo este acto en Salceda, a prol dunha lingua que se estuda en 39 universidades e que é a número 20 nas redes. Marcos Besada, o alcalde, fixo un percorrido histórico, apaixoado e emotivo. Unha placa no cemiterio lembra o acto en galego.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine