REDONDELA

A Roda e Treixadura renden homenaxe a Fito Domínguez cun concerto en Redondela

A actuación, con entrada gratuíta, inclúese na campaña "Mil festas máis para a lingua galega"

25.05.2013 | 00:00

Os grupos folk A Roda e Treixadura renderán unha homenaxe o próximo martes en Redondela ao cantante e fundador de ARoda, Fito Domínguez -falecido en setembro do pasado año-, cun concerto gratuíto. O acto inclúese na campaña "Mil festas máis para a lingua galega", promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Redondela.

A actuación será o próximo martes, ás 20.00 horas, no auditorio do Multiusos da Xunqueira con entrada libre.

O presidente da Asociación de Funcionarios, Xosé González, explicou onte que con este acto se pretende recordar a figura de Adolfo Domínguez Otero, popularmente coñecido como Fito, pola súa traxectoria co grupo A Roda e por todo o que fixo por dignificar a lingua galega a través da música.

A campaña "Mil festas máis para a lingua galega" foi creada hai seis anos dirixida aos 315 concellos galegos e nomeadamente ás comisións organizadoras de festexios populares co obxectivo de que eses espazos de lecer reflictan e potencien a nosa cultura e lingua.

"Os efectos da globalización inciden negativamente na programación destas festas e celebracións lúdicas. A marxinación dos sinais de identidade da nosa cultura aparecen esluídos ou obviados, con que se impide que estes espazoa de lecer sexan os lugares de rencontro dos galegos coa súa peculiar idiosincrasia e cohesión social, ademais de escaparates privilexiados para divulgar o noso patrimonio cultural", afirma González.

O dirixente da Asociación de Funcionarios considera que as festas populares, tanto de carácter relixioso como gastronómicas ou de reivindicación histórica, "son o marco ideal para afondar na nosa peculiar identidade", e formula ou uso do galego na publicidade das xornadas festivas e nunha porcentaxe do repertorio das orquestras.

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine