A decimosexta edición dos Premios Lois Peña Novo, que premian o uso do galego por parte de profesionais ou institucións, tivo onte na Pousada do Castelo de Soutomaior o seu acto central, coa asistencia de persoeiros do eido da cultura e da política galegas.

O Concello de Burela foi un dos galardoados "pola política de alfabetización levada a cabo coa comunidade africana asentada no seu territorio", salientou o xurado.

O catedrático emérito da Universidade de Santiago Ramón Lorenzo, de quen destacan no fallo "as súas achegas para a creación dunha linguaxe xurídica galega".

Tamén foron premiados o ex notario de Lalín, Victorino Gutiérrez, autor do primeiro formulario notarial redactado en lingua galega, e o Foro de Avogados Lugo S.C.P. pola uso continuado da lingua galega cos seus clientes.