No día de onte faleceu os 79 anos Juan Bacariza Castro. Naceu alá polo mes de maio de 1939 en Caldas de Reis. Juan foi un dos dirixentes obreiros que, sendo membro do Xurado de Empresa e dirixente de Comisións Obreiras, fora despedido da empresa Citroën no ano 1972. O seu despido -e o de outros militantes obreiros, tales coma Isidro, Vavá, Vázquez e Estanislao- foi os que motivaron os movementos huelguistas no que durante 15 días do mes de setembro tiveron paralizado a Vigo.

Juan sempre foi un loitador , de ideas claras e de empuxe. Un combatente polo cambio do sistema político vixente naquel entón, nos últimos anos da ditadura franquista. Tralo seu despido, Juan foise abrindo camiño no seu querido Cuntis, onde nun período curto, hai uns 20 anos, chegou a ser concelleiro. Sempre chamaba a loita para conseguir os dereitos e despois para mantelos.

Os seus amigos e compañeiros lamentamos o seu pasamento, pero mentres poidamos seguiremos loitando seguindo o seu exemplo.

O velatorio de Juan Bacariza é no tanatorio de Cuntis e o seu enterro celebrarase hoxe as 18.00 horas en Troan. Descanse en paz.