A supervivencia dun pobo, dunha cultura, dun país, por moi esmagallado que esté, só depende de si a súa xente é capaz de preservar a súa identidade. Se realmente queremos seguir chamándonos galegos e sentir que pertencemos a algo máis que a un territorio, a nosa obriga é loitar pola única cousa que nos fai ser máis que un anaco de terra, o idioma.

A lingua é a única razón de que sexamos galegos, e como tal hai que defendela, a súa supervivencia depende de nós. Un pobo non pode vivir sen a súa identidade, sen coñecerse a si mesmo. Por iso o galego non pode ser considerado dun grupo político A ou B, corresponde a todas as formacións defender a nosa identidade e o noso futuro como galegos.

A lingua está por enriba de todas as ideoloxías, é a esencia mesma do noso país, da nosa nación. Espero que algún día digamos: "Non foi doado, pero lográmolo, somos galegos" e féridos e duros, imbéciles e escuros quen intente impedilo.