Cómpre lembrar que no "Antigo Réxime" ata o 24 de marzo de 1834, sendo Rexente María Cristina, en Iberia había reinos, nesa data extínguese o "Consejo Real y Supremo de Castilla" e a "Cámara de Castilla" (viña sendo o que hoxe é o Goberno do Reino de España, e máis); as Secretarias do extinguido "Consejo y Cámara Real de Castilla", no Novo Réxime pasan a chamarse Ministerios, e o que hoxe é Goberno, chámanlle Ministerio.

Un documento, de 1818, relativo á miña familia de Larouco, dende onde escribo, está encabezado diste xeito: (sello) Ferdin[Andus] VII, D[EI] G[Ratia] Hisp[Aniarum] ET Ind[Arum] Rex.

Don Fernando séptimo, por la gracia de Dios rey de Castilla, de León, de Aragón, de Navarra, de Granada, de Toledo, de Valencia, de Galicia, de Mallorca, de Menorca, de Sevilla, de Murcia, [de Jaén], señor de Vizcaya y de Molina

Para rachar co pasado, os significados de soberanía real mudan a "Nación e Voluntad Nacional", dise daquela que non hai en España máis poder que a Nación, nin outro orixe da autoridade cá vontade nacional.

As verbas diste parágrafo, Nación, España; pasan a ser o que hoxe diríamos reivindicación da soberanía do sobo.

Cómpre lembrar tamén que a "Junta Suprema del Reino de Galicia", que presidía o "Capitán General" dende o século XV, suprímea a Rexente nese tempo e inventa as 4 provincias; xusto antes eran 7.