Durante os últimos trinta anos e de maneira ininterrompida vimos gozando dos campamentos urbanos na nosa cidade de Ourense. Este verán, entre o 1 e o 11 de agosto, foron 986 nenos e nenas, adolescentes e xente moza cantos participaron nesta oferta libre, aberta e gratuíta.

O obxectivo é poder descubrir, co Campamento Urbano, unha cidade chea de recursos para gozar do tempo libre, para coñecer persoas e entidades que traballan nela e que fan posible que o pasemos ben, para coñecer espazos e actividades moitas veces descoñecidas ou pouco coñecidas, para aproveitar o tempo de lecer, para facer novos amigos e amigas, para xogar e cantar..., e para rexuvenecer a nosa querida Auria.

Desde a organización do XXX Campamento Urbano queremos transmitir o noso agradecemento a quen fixeron posible que este proxecto se puidera levar a cabo un verán máis:

Grazas a todas as nenas e nenos, mozas e mozos que vivistes e gozastes desta aventura do Urbano.

Grazas ás familias que depositastes a vosa confianza en nós.

Grazas aos 157 voluntarios e voluntarias que dedicastes o voso tempo aos demais.

Grazas á Concellería de Xuventude do Concello de Ourense e a Deputación Provincial polo seu apoio.

Grazas á Obra Salesiana de Ourense polo seu apoio, paciencia e doazón desinteresada en todo momento.

Grazas ás persoas particulares, aos organismos públicos e privados e ás 121 entidades (algunhas delas dende o anonimato) que apostastes de diversas maneiras por este soño de Amencer.

Grazas aos medios de comunicación social que anunciastes e informastes deste campamento á cidadanía, en concreto ao FARO DE VIGO.

Grazas, en definitiva, a todas as ourensás e ourensáns que soñastes connosco unha forma alternativa de gozar do verán na nosa cidade.

Sen a vosa colaboración, o milagre do Urbano non sería posible.

Por outra banda, tamén pedimos disculpas se polo desenvolvemento do Campamento Urbano creamos algunha situación non desexada á cidadanía nesta primeira quincena de agosto.

Ata o próximo verán!