Chámome Cristina e escribo esta carta por que estou farta xa de tanto tolo que vai ó volante pola cidade de Vigo.

Por que parece mentira que estando tan ó día como están as campañas para prever os accidentes de tráfico, haxa tanto inconsciente.

Estou cansa xa de ter que dar frenazos, volantazos e demais maniobras por culpa de catro personaxes ós que lles importa un bledo a súa vida.

Se se queren matar moi ben por eles, pero eu son moza e aínda me quedan moitos anos por vivir, e non teño por que estar tódolos días dando frenazos ás entradas das rotondas, pitando cando se saltan un stop, dando volantazos cando se cambian de carril sen sinalizar e de súpeto... en fin.

Por que estou comezando a coller as matrículas dos personaxes que fan semexantes tolerías ó volante, e xa non me chega un caderno de cen follas, con iso digo todo.

Pero nisto é como todo, ata que ocorra algo grave e con vítimas mortais, ninguén fará nada, e así imos, como os cangrexos, para detrás.