Os fogos do Apóstolo son, cada 24 de xullo, unha cita obrigada para a Televisión de Galicia (TVG). Coma todos os anos, mañá pola noite a canle pública ofrecerá un programa en directo co ambiente que se vive en Santiago de Compostela na véspera do día grande de Galicia. O especial Fogos do Apóstolo 2016 emitirase en directo desde a praza do Obradoiro e dará comezo ás 22.00 horas. Estará presentado por Cristina García e incluirá o espectáculo pirotécnico, a partir das 23.30 horas.