Alá polo século V antes de Cristo en Atenas empezaba unha forma de gobernar que quería facer partícipe ó pobo á hora de administrar a súa vida. Aparecen os nomes de "demos" que se pode traducir por pobo, "kratos" por goberno, que forman a palabra "demokratia", democracía, que etimoloxicamente ven a significar goberno do pobo. O poder está no pobo.

A maneira de levar á cabo esa idea ou forma de gobernar é a de elexir os representantes para exercer ese poder que é do pobo. Para conseguir tal cousa, a través da historia vaise perfeccionando o máis posible esa forma de actuar que todos entendemos polas chamadas na actualidade "as famosas eleccións". Nos resultados desas eleccións cada partido colleita un número de candidatos segundo os votos recibidos. Nos recontos danse circunstancias nas que certas posturas dos votantes non contan á hora de sumar electos: votos nulos, abstencións e votos en branco.

Desta quérome referir ó voto en branco. Paréceme algo del mal gusto que para votar desa maneira haxa que depositar o sobre baleiro. Máis ben debíase chamar o "voto en baleiro", digo eu. Penso que despois do malgasto de papel unha papeleta máis en branco para meter no sobre non agravaría tanto a cousa. Por certo, falando de aforrar, agora que están en quente tantas eleccións, nunca estiven de acordo con tanto malgasto de papel. Con menos da metade das papeletas chegaba. Que cada partido ande metendo no bolso o seu voto á xente, por moi legal que sexa, cando menos dá que desconfiar. Que non se diga que os votantes non saben ir á cabina e escoller o voto ó seu pleno gusto. Hai interventores e xente da mesa para enseñar a quen non saiba. Aforrariamos moito papel e sería a cousa máis limpa, e non me refiro precisamente só ó medio ambiente? Non hai motivo para non poder cambiar as cousas cando se ven tan claras.

Podemos pensar que o significado do voto en branco é moi profundo e radical se queremos, pero é unha maneira de advertir que a clase política en xeral non ten a categoría que debe ter. Non é unha broma ser representante do poder do pobo. Os políticos debían darlle importancia os votos en branco. Se chegaran a contar para quitar escanos?, outro galo cantaría. A cantidade deses votos non se dá a coñecer moito, porque para eles é un desprestixio. Que fagan as cousas ben para que os cidadáns non se estean a aburrir deles. Co exemplo que nos están a dar non é para menos.