Non nos deberá alporizar non ter unha cabeza de goberno visible por un tempo. España xa coñece esas etapas. Tras a revolución de 1868 Isabel II tivo que exiliarse. A nación ficara sen monarca.

I é eiquí cando lle piden ó Xeneral Prim que busque un Rei. Buscouno... E topouno en Amadeo de Saboya. Fillo do rei italiano Víctor Manuel.

Amadeo só puido estar no trono dous anos, víctima da crisis de España e dos avisos que Cuba estaba dando. A illa xa non desexaba ser unha colonia. I Estados Unidos tampouco desexaba que España seguira en América.

Pouco despois Sanjurjo Badía creou en Vigo o primeiro submarino por si os norteamericáns atacaban a ría viguesa.