Hai un voto da decepción, que quer ser contrapeso dunha situación económica, nun contexto de crise e cambio de modelo, fonte do desemprego, onde as diferencias se amplían.

Traballo precario, é certo, temporal, por días, horas, sí. É posible un cambio, social, que conte coas persoas, unha moderación do capital, un goberno non só decantado do lado das grandes empresas e dos bancos. Unha democracia que recupere espazo fronte ao poder económico, sen pretender a súa ausencia. Non se trata de ser irreal nin negar o contexto no que vivimos. Soamente expresar o sentimento dunha parte desfavorecida de España.