O traballar como autónomo ten os seus pros e os seus contras, en todo caso as súas particularidades. Non existe, por exemplo, a confraternización -máis que nada obrigada-- da cea de empresa, e así ao contemplar a grupos de asalariados arredor de mesa e mantel non significa sentir envexa -se a autonomía é vocacional-. Total, que se cadra existe unha psicoloxía debaixo dos traballadores por conta propia --anque non necesariamente--.

Pero claro, o autónomo non ten porque ser un cocón, e se ten familia debe disfrutar desta noite xuntos e puidendo ser en paz. Hai tradicións que se arrousan pero non parece ser o caso desta. Tempos de conciliación, de reconciliación, de ir canda a casa do pai, de turrón. Boas festas a todos e desexos compartidos.