Dende os comezos das civilizacións, as tribus sempre foron difíciles de xestionar. Si a isto engadimos riquezas, as loitas internas e a defensa do patrimonio de elementos externos (veciños do lado) que anhelan poder, causan un desgaste político moi difícil de equilibrar.

Oia, cos seus 84 quilómetros cadrados e só 3.000 habitantes, ten unas expectativas de negocio que atraen numerosos e variopintos proxectos. Vinte e dous quilómetros de sana e rica costa, unha gran riqueza natural e a situación xeográfica, na que nos atopamos rodeados de Concellos que evolucionaron moito máis que nós, fan de esta tarta un elemento moi desexado.

Si aprendemos un pouco dos erros que cometeron os nosos veciños: a masificación do turismo en Baiona; a disgregación do Tegra e o pobo, na Guarda; a utilización excesiva de produtos químicos, na agricultura do Rosal; son só algúns dos exemplos dos que deberiamos tomar nota.

Dende que cheguei a Oia co proxecto de axudar a construir un cámping de 1ª, fai vinte e cinco anos. A idea era atraer visitantes que pouco a pouco pasaran a formar parte da nosa comunidade. Fíxome imaxinar o que podería ser este paraíso, a través dunha boa xestión dos recursos.

Dentro de quince anos, o proxecto turístico no que se convertirá Oia, dependerá da labor que desenrolemos agora. Non podemos perder máis trens.

Estes dous últimos golpes (o rexeito do proxecto do Mosteiro e a moción de censura), non fan máis que torpedear a nosa débil liña de flotación. A caciquil maneira de facer política que levamos sufrindo dende décadas, ten que dar un xiro. Non será doado, insisto en que nunca o foi. Pero un obxectivo común ben consensuado e tirando do carro todos, na mesma dirección, darían a Oia o impulso que precisa.

Son moitos os retos: Mosteiro, plan xeral, auga municipal, saneamento, paro, patrimonio, etc.

Temos que sentarnos, un día, catro, dez? os que fagan falta. Poñernos de acordo no que necesitamos, e ir a por elo. Os nosos fillos merecen que lles deixemos unha Oia mellor.