En relación as manifestacións aparecidas na prensa días atrás feitas polo vicepresidente da Plataforma de Apoyo a la Industria en la Comarca de Pontevedra, o señor Agustín Nogueira, baixo o título de "esclavos de un mensaje" onde facía crítica á marcha organizada pola APDR de Pontevedra, comenzaba a crítica cun proverbio árabe que di que as persoas somos donas dos nosos silencios e escravas das nosas palabras. Pois ben, iso non sempre é así, as veces tamén somos escravos dos nosos silencios, imos ver. A ría é nosa e non da celulosa, preguntase vostede quen é nosa no canto de preguntarse que é nosa, nosa é a ría e, como di a consigna-eslogan-propaganda, non da celulosa, e non é da celulosa xa que a factoría está ocupando, ou debera dicir okupando?, unha zona de dominio público e, segundo a RAE, público é "notorio, patente, manifiesto, visto o sabido por todos" na primeira acepción; "perteneciente o relativo a todo el pueblo" na cuarta acepción; ou "común del pueblo o ciudad" na súa quinta acepción, queda pois claro que é notorio e sabido por todos que o espazo (ría) non é da celulosa e si é nosa, e dicir, de todos e de ninguén en particular.

Pon vostede en dúbida a lexitimidade de 600 persoas o tempo que da esa lexitimidade a unha, a vostede, no referente ás matemáticas podemos facer interesantes xogos, certamente maioría non é quen máis berra como tampouco é maioría que máis cartos ten, cousas da RAE, seguindo con esa súa lóxica, logo tampouco é maioría a do partido que goberna xa que algo máis de dez millóns de votos non son a maior parte dos 47 millóns de habitantes nin siquiera é a maior parte dos máis de 35 millóns de persoas que tiñan dereito a voto no ano 2011 o que non lles impide proclamar os catro ventos que teñen maioría absoluta e facer e desfacer ó seu antollo sin que ninguén o poña en entredito.

Di vostede que grazas a Ence moita xente pode desfrutar dun sábado ó sol e, non un luns. En cuestións de luns de sol non vou discutir con expertos na materia, agora ben, considerar que douscentos e pouco empregados son "muchos" non me encaixa. Imos a RAE, "muchos: abundante, o que excede a lo ordinario", non sei onde ve vostede o exceso en relación ó ordinario como tampouco debeu ver ese exceso cando se foron a tomar o sol os luns os empregados de Zeltiga ou de Metalúrgica Rías Baixas, claro que neses casos vostede preferiu ser dono do silencio, o mesmo silencio que mantivo Ence, silencio do que agora é/son vostede(es) escravo(s); do silencio tamén se é escravo.

Sr. Nogueira cando se pide a legalidade, cando se reclaman os dereitos, cando se demanda xustiza o de menos é si se reclama a berros ou susurrando o importante é o que se reclama.