O día no que abdicou Xoán Carlos visitou Xavier Castro o Ateneo Santiagués. O catedrático de Historia falou de viño mentres gargarexaba no peteiro o líquido elemento coma se fose fluor.

Os españois tiñan mellor padal para o viño que para a auga. Estas axiñas se contaminaban pois alí labavan a roupa donde beberan os animais. Así podía contraerse o tifus.

Os taberneiros non podían ter auga para non caer na tentación de bautizar os viños.Nas Comedias Bárbaras Valle Inclán fala do viño mouro, que sería o máis puro.Cunqueiro informa en Escola de Menciñeiros de que o "pretiosus Baccus" estaba en casi todos os remedios medicinais.

Moitos son os que adulteraban o viño para que fose máis oscuro, espeso e consistente. Chegaban a engadirlle carne, ferro, xeso, cochinilla, moras ou pau de Campeche. Tamén fucsina, que contiña doses de arsénico, para aportar unha cor parecida o sangue, que era a máis apreciada.

Cafés, ateneos, liceos e casinos eran os centros de sociabilidade na era decimonónica. As mulleres só podían acudir cando había bailes. Cando se difunde o agarrado os xesuitas presionaron ás autoridades municipais para que se evitasen esas danzas pecaminosas.

As tabernas con mesas redondas comunais estaban sometidas a certos controis. Non podían ter cortinas para seren vixiadas desde fóra nin máis dunha porta para que ninguén fuxira das redadas. Para evitar actos amorosos prohibíronse tamén os habitáculos interiores.

Os cafés,máis propios do centro das urbes, eran espacios máis caros e burgueses. Eran hixiénicos ó dispor de retretes e cuspideiras. Gozaban de decoración suntuosa e,ás veces, de billares. Xornalistas e escritores acostumaban pasar moitas horas con apenas un café e bicarbonato.

Nos anos vinte, cando comeza a desaparecer o termo botellería, triunfa en Santiago o Café Argentina, e existía unha horchatería. Entón xurdiu o Quiqui Bar, distinguido local do que falou Bouza Brey. Ubicado no Edificio Castromil, ofrecía servicios de café, restaurante e bar de copas. No seu entorno florecían limpabotas, vendedores de xornais€ Cando languidecía o franquismo a picota municipal derribou a construcción modernista a pesar das protestas estudiantiles.