Preferentes e subordinadas: o final dun longo proceso

Emilio Rodríguez Miranda
Beluso-Bueu

14.06.2014 | 03:57

Os que adoitamos a traballar nos xulgados levando, entre outros asuntos, a defensa xurídica de persoas afectadas polo drama das preferentes e subordinadas temos a sensación de estar a presenciar o final dun proceso xudicial que, segundo datos estatísticos do Poder Xudicial –CGPJ–, estalle dando a razón sen paliativos aos clientes das antigas caixas de aforros galegas.
Moitas propostas de acordos transaccionais ateigan estes días os despachos de procuradores e avogados, e os que non foron quenes de acudir á vía xudicial están recuperando pouco a pouco o que é de seu: os seus aforros, despois de preto de tres anos de incerteza.Esperemos que todos, dunha forma ou doutra, recuperen axiña os seus cartos. Esto non sería posible, en primeiro lugar, sen a tenacidade de todos aqueles que estiveron, noite e día, pelexando nas plataformas de afectados por recuperar os seus cartos; sin esa presenza constante na rúa, e tamén exemplar, seguramente o troco (canje) das súas accións efectuado en xullo do ano pasado polo Fondo de Garantía de Depósitos, ingresándolles nas súas contas de aforro parte do que lles debían, non sería posible. En segundo lugar, á Xustiza que soubo dar en cada momento unha resposta axeitada ás demandas dos cidadáns.
O resultado desta desfeita a nivel financiero non foi outra ca desnacionalización dun banco, que antes fora dúas caixas de aforros "made in Galicia", comprado a precio de saldo por outro alén das nosas fronteiras, operación aritmética calificada por algún feiticeiro político como rendible co resultado de +1 -9 = -8, é dicir, que por tan só mil millóns de euros o novo dono quedouse co premio gordo namentras todos nós aínda debemos pagar oito mil millóns máis, a meirande parte aos nosos acreedores e socios europeos polo rescate financieiro recibido: dos nosos petos furados, de onde van sacar os cartos senón?
A lección aprendida, finalmente, debería ser que ademais de coñecer un pouco o que son estes produtos financieiros tóxicos, coma as preferentes e subordinadas, e para qué serve un test de conveniencia chamado MIFID, estaremos a partir de agora ollo á boia lendo con atención os contratos ou pedindo consello profesional antes de que nola volvan a meter dobrada e para non meter máis o zoco. E tamén que a forza da razón ten que prevalecer sempre sobre argumentos revirados e interesados.
Estase cumprindo a máxima da Xustiza: suum cuique tribuere, é dicir, dar a cada un o que é de seu, que formulara séculos atrás un xurista de Roma chamado Ulpiano. Noraboa a todas e a todos!

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine