É una primicia. Está moi difundido entre o vulgo o seguinte dilema: quén foi primeiro, o ovo ou a galiña? E faise esta pregunta porque non se coñece a lei que rexe a transformación cuantitativa en cualitativa. Explicareime: a galiña que sabemos de hoxe non sempre foi tal. A aves nos tempos remotos, teñen seu orixe nos reptiles voadores.

É estos, ao cambiar, foron producindo diversas aves das que unha rama son as galiñáceas. Nesta evolución houbo una relación ovo-galiña que o largo dos anos (millóns), diferenciarían a galiña primexenia ata chegar aos nosos días; o sexa, que a galiña transformada é a que temos hoxe en día, que é moi distinta das galiñas que as precederon no tempo.

Entón non se trata de que foi primeiro, o ovo ou a galiña. A proba de que fai voos pequenos, afirman a súa doma. Acontece o mesmo coas perdices e as avestruces, avetardas, --seu parentesco máis próximo--, en cambio esta voan algo máis.

Un cambio así non se detecta de una noite para mañá, fan falla moitos, moitísimos anos para observar mudanzas na súa metarmorfose: plumas, ás, espolóns, crestas, patas, ollos, alimentación, etc.

Polo tanto, non era un ovo o unha galiña, senón ovos e galiñas que tiña no seu intre o xerme da evolución. E así hai que velo. Se tivésemos que traducilo ás matemáticas, atoparíamos unha espiral a modo de funil -de pouco a moito--, con moitas variables. Os ovos e as galiñas, polo tanto, foron xermolando os cromosomas, o sexa, a transformación xenética.

Nalgún momento os ovíparos pasaron a ser tales, tal que a transformación progresiva da especie viva foi afinando e afincando o seu avance.

Quizais sexa común para outras especies de animais e vexetais, onde atopamos o mesmo progreso.

Galiñas e ovos están no mesmo plano, aínda que non podemos visualizar os cambios producidos no tempo, senón o dado, que é o que temos agora, o produto feito.

"As aves voan e fan o ceo máis lindo con elas"