Onde está a xente da Igrexa galega?

Manuel Cabada Castro Vigo

20.04.2014 | 04:14

O costume tradicional de ir a misa os domingos, de cumprir co precepto (como se adoitaba dicir) semella converterse cada vez máis en cousa de xente entrada en anos. Como maiores se van facendo tamén os curas que poden estar en disposición de presidiren as liturxias. Igrexas que noutros tempos foran ricos centros de vida comunal estanse volvendo agora pobres. Pobres nos poucos cregos dispoñíbeis, pobres en asistentes, pobres tamén incluso en pobres... Non se trata aquí de lanzar ó aire un estéril lamento, unha elexía ou un canto ós vellos tempos. As cousas cambiaron moito e en moitos sentidos. E non sempre tampouco para mal. No inmenso rural galego cada vez semella máis que as igrexas, orfas de curas que as atendan desde a proximidade e veciñanza, se van convertendo pouco a pouco en lugares onde os crentes se reúnen case só excepcionalmente para celebraren algunha nova vida ou o definitivo paso ó alén. Nas vilas e cidades a cousa podería ofrecer unha impresión máis positiva. Cadeiras e bancos baleiros dan alí, porén, testemuño de que algo non semella ir ben de todo. Entre tanto, o novo bispo de Roma e Papa Francisco afirma rotundo que quere "unha Igrexa pobre para os pobres", que os evanxelizadores deberían ter "olor a ovella" e a Evanxeo, que hai que ir ás "periferias", alí onde están os que sofren e loitan por viviren dignamente. Que prefire "unha Igrexa accidentada, ferida e manchada por saír á rúa antes que unha Igrexa enferma polo encerro e a comodidade de se aferrar ás propias seguridades". Máis parece que isto non pode significar senón que a Igrexa, a de verdade, debería saír fóra da súa igrexa de pedra para atoparse de novo coa xente, cos pobres, cos marxinados. Todo parece indicar, polo tanto, que a Igrexa, se quere ser fiel a sí, non se ha construír precisamente con robustas pedras de cantería ou belas e devotas imaxes, senón no encontro con aquelas persoas que esperan unha mensaxe de esperanza. Isto en Galicia significa que os novos evanxelizadores terían que aprender a facer Igrexa, non pétrea senón simplemente humana, alí onde hai obreiros, labregos, mariñeiros, xente de aldea, os que sempre estiveron abaixo, é dicir, aqueles todos que xunto coa súa desconsideración social falaron e seguen a falar unha lingua discriminada, a galega. Fala, porén, a Igrexa galega en galego? Aínda hai cregos que, ó entraren na igrexa, perden de súpeto a lingua coa que falan no adro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine