Carta aberta ao Sr. Alcalde de Vigo

Roberto López López, Membro da Asociación Cultural PedraSeixa - Vigo

12.05.2013 | 10:19

O pasado Día da Árbore, a Asociación Cultural PedraSeixa realizou unha prantación simbólica lúdico-reivindicativa dun espazo verde entre edificios na rúa Teixugueiras, na que se prantaron 3 camelios, 2 castaños, 4 carballos, 3 avilleiras, 1 níspero, 3 loureiros, 1 nogueira, 1 nespereiro e tomillo. Tamén se prantaron diversos bulbos por parte dos nenos da zona. O obxectivo era reivindicar máis zonas verdes, en contra do criterio do alcalde de eliminalas para facer aparcamentos de coches.
Esperábamos do Concello de Vigo, porque así llo fixemos saber e llo reclamamos, que limparan as zonas que están cheas de malas herbas. Como esto non sucedeu, a Asociación Cultural PedraSeixa decidiu facer, o pasado venres, unha limpeza na zona onde foron plantadas as árbores, para que estas non foran "comidas" polas herbas que crecen desmesuradamente na zona e se poidan ver con claridade cando a xente camiñe pola rúa Teixugueiras, especialmente os nenos que participaron na actividade e queiran comprobar a evolución do seu traballo e compromiso coa natureza.
Reiteramos, unha vez máis, a nosa vontade de diálogo có Concello, temos propostas alternativas á supresión de zonas verdes, aos aparcamentos e aos proiectos de zonas deportivas non consensuadas. Va camiño de 100 días que lle expresamos publicamente e por escrito ao Sr. Alcalde a nosa vontade de participación, non temos ningún tipo de resposta. A democracia e o camiño fanxe andando.

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine