Rúa Urzáiz. Un de maio 2103. Mércores ó sol. 75.000 persoas tinxen de cor a rúa dende o Calvario ó pe do mar. ¿día do traballo? ¿U-lo emprego? Quen saiba dun choio que avise€ O día do traballo fala cifras de desemprego. A festa do traballador mutou no mércores d@ parad@. Cousas da evolución€

Mentres, aproveitando o mar en calma, 20 embarcacións a vela de recreo xogan cas ondas na boca da ría, fronte o idílico arquipélago das illas Cíes. Alleas o Amazonas de manifestantes que chega ata o peirao, navegan fronte cabo Home aproveitando as excelentes condicións da súa flotabilidade privada€. ¿solidariedade, solidarnosc? Iso soa a polaco€ ¿marcianos navegando nas Cies€? ¿volven os 80...? ¿volven os ovnis? ¿volve Radio Futura...? ¿volven Golpes Bajos e os Cafres...?