Feixóo e o galego

Ramón Martínez Seixo

 

Señor Feixóo, falou vostede de “aunar a normalización e a liberdade lingüística”. Falou tamén de que os pais decidan qué materias deben estudar os seus fillos en galego. Pero, de paso, -digo eu- por que non deciden, tamén os pais, se deben estudar matemáticas, coñecemento do medio, etc., etc. ¿Estaría vostede de acordo? Estou certo de que non, porque, se fose así, ¿como se respectaría o dereito dos rapaces a eses coñecementos? Pois o mesmo pasa co noso idioma. Abra os ollos. Neste caso, os dereitos que hai que respectar son os dos fillos, non os dos pais. Os pais non teñen dereito a impedir que os rapaces coñezan a lingua do país en que viven. E pode estar seguro de que se o noso idioma non se usa como lingua vehicular, non se pode chegar a un coñecemento por igual das dúas linguas oficiais, como a lei establece. E se non é así ¿como van poder elixir e, por tanto, exercer a súa liberdade?

Por outra parte, da a impresión de que as persoas que montaron toda esa lea contra o galego pensan que o saber galego lles vai causar aos rapaces algún trastorno mental. Pois, señores, saiban que está demostrado que saber varios idiomas é moi positivo e favorece a adquisición doutros novos.

Señor presidente, agora que xa acabou a campaña electoral, non se deixe enganar, recapacite. E sexa valente.

E, sen máis asuntos, despídome de vostede agradecéndolle a súa amabilidade.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya