O pasado 5 de novembro,coa proxección do documental “Unha historia galega” onde se trata, entre outras vidas, a dos tudenses Francisco Comesaña e Chonchiña (que inspiran a novela de Manuel Rivas “O lápiz do carpinteiro”), déronse por rematadas unhas entrañables xornadas sobre a recuperación da memoria histórica en Tui.Foi emocionante comprobar que houbo unha resposta multixeracional ás mesmas e que,tanto dende os relatorios como dende o respetable, producíronse interesantes aportacións. Nunha mesma sala déronse cita vítimas, historia, música, familia, profesionais, lugares, amigos, cultura e voces, rexeitando todo intento de culpabilización ou senalización. Somos partidarios de que os intentos de evitar e ocultar as lembranzas traumáticas a miúdo saen mal. É necesario identificalas, afrontalas e penetrar pouco a pouco nas memorias para, a longo prazo, enterralas e deixalas descansar en paz.Agradecer os nosos devanceiros o legado da democracia e a súa liberdade de expresión para a procura dunha reconciliación coa historia.