Son un usuario da praza das Palmeras que ve que dende hai un ano o Concello de Vigo deixou de limpar e coidar dita praza, cando o viña facendo dende que existe (17 anos), co cal a praza está totalmente abandoada por parte do Concello. Non hai apenas papeleiras, e as que hai están sempre a desbordar, co cal está todo cheo de merda pola praza, a iluminación é insuficiente, as escaleiras que dan acceso á praza dende a rúa Faisán están tan cheas de mudre, que ata resbala a xente maior e os rapaces.

Ademáis o estado do parque é de absoluto abandono, desapareceron a maior parte dos bancos, desapareceron papeleiras, non se repón terra, non se repoboa a herba, a iluminación é moi deficiente, non se baldea, etc...

Eu pregúntome por que este total abandono por parte do Concello, na posiblemente única praza destas características na zona, xa que é un lugar de esparcemento público utilizado por moita xente, sobre todo rapaces.