Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O festival Ska All Night trae aos madrileños Python Dojo

Transilvanians pechan neste concerto a súa xira "Echo, vibes & fire 2015"

Os madrileños Python Dojo protagonizarán a 5ª edición do festival de músicas xamaicanas de Vigo, o Ska All Night, que este ano se celebra no Charenton Club Cultura (Ramón Nieto, 58). Esta banda de dub e reggae instrumental cósmico compartirá escenario cos anfitrións, os Transilvanians, que pechan a súa xira "Echo, vibes & fire 2015" con este concerto.

Python Dojo fúndase durante 2013, reunindo os mellores guerreiros da escena de música negra madrileña. O seu primeiro traballo, "Jupiter/Amazing Randi", é un single considerado imprescindible para os amantes dos anos gloriosos do primeiro dub analóxico. Melodías exóticas e cinemáticas que camiñan sobre grooves pesados. Kung-fu sonoro que transporta a mundos afastados e retrata criaturas do subconsciente. Neste ano 2015 Python Dojo publicou "Boss Fight/Slender".

Transivanians, ben coñecidos na escena viguesa e galega, formáronse en Vigo no ano 2004 e teñen tocado en Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda e Portugal. Os seus membros comparten a paixón pola música negra dos sesenta, o western, a ciencia ficción ou o xénero de terror.

Percorren co seu funk marciano, refrescante rocksteady, groovy soul, horror-reggae, dub e r&b xamaicano.

Na súa faceta de banda de apoio, os Transilvanians teñen acompañado en directo ou estudio a lendas da música xamaicana como Roy Ellis -co que rexistraron un single en 2012-, Winston Francis, Yvonne Harrison ou Roy Panton.

Sen ánimo de lucro, o festival Ska All Night naceu en Vigo no 2011 sen máis pretensión que difundir a música e cultura jamaicana na cidade de Vigo. Ademáis do festival, programan regularmente pinchadas, palestras e proxeccións.

As entradas adiantadas (6 euros) están á venda en Bar Princesa e Discos Elepé, en Vigo.

Compartir el artículo

stats