Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

entrevista | ZOO

"Algúns de nos vimos ao SonRías algunha vez"

Un dos novos grupos da escena mediterránea tocará por primeira vez en Galicia hoxe no festival Revenidas

Zoo fixeronse coñecidos polo single "Estiu", que forma parte do seu único album, "Tempestes vénen del sud". falamos co seu líder, Toni Sánchez "Panxo", unha semana antes dun dos concertos máis agardados no Revenidas 2015.

-¿Como afrontades a vosa primeira visita a Galicia?

-Con moitísima ilusión. É a nosa primeira xira, xa que o grupo non ten nin un ano, e é, de momento, o lugar máis lonxano ao que viaxamos.Coñecemos un pouco a escena galega de aneriores proxectos que nos trouxeron ata aquí, e emocíananos moito vir.

-As Rías Baixas ¿Coñecedes, que vos suxire?

-Algúns de nos vimos ao SonRías algunha vez. Suxirenos un lugar fermoso, e unha escena política, cultural e musical que nos interesa e sorpréndenos cada vez que vimos.

-Que agardades do concerto en Revenidas?

-Tócanos compartir cartel con grupos moi consolidados, e sabemos que a gran maioría do público aínda non nos coñece. Así que agardamos gustar, conectar coa xente e que serva como un primeiro paso para futuras actuacións.

-O voso album parece unha declaración rotunda de intencións. De esperanza, ritmo...

-A idea era unir a raiba con algo de esperanza ou de mensaxe constructivo. Xuntar un poco a actitude do punk coa conciencia do hip hop nas letras, e non privarnos de nada a nivel musical.

-Contra a alienación, a indiferencia, a favor dos sentimientos, do sentido humano, da tribu... Podedes contarnos como é o proceso de creación dos vosos temas?

-A partir dun ritmo-base electrónico comezamos a escribir a letra, e sobre a letra vamos engadindo elementos musicais como guitarras, baixos, e ventos ou teclados. Coa idea xa máis definida, tentamos pulir a estructura do tema, e xa repasalo e amañalo.

-Divertidos, comprometidos.. como vos definides?

-Máis comprometidos que divertidos se nos fixamos nas letras, e no directo hai un pouco máis de equilibrio, ao ser música electrónica que convida a moverse un pouco.

Compartir el artículo

stats