Síguenos en redes sociales:

This browser does not support the video element.

Pardo Bazán e Concepción Arenal desmelénanse na gala de FARO e a Diputación

Na gala de entrega dos 1º Premios Pardo Bazánno País das Rías estivo presente a escritora que lle da nome a estes galardóns, e que viu acompañada de outra gran pioneira galega. A actriz Carmen Facorro foi a encargada de devolver á vida a que está considerada como a mellor novelista española do século XIX, e a intérprete Raquel Velasco, da Escola Superior de Arte Dramática, encarnóu a súa 'partener' nas táboas da Sede de Afundación, Concepción Arenal. Foi unha gala amena e divertida na que non faltaron, dende escenas de mimo por parte das actrices protagonistas até un bonito baile amenizado polos integrantes do pianobar itinerante Le Barluthier.