| Despois de "Anduriñas", a deseñadora Tamara Valverde, de Nigrán, vén de lanzar unha nova colección de roupa infantil inspirada no traxe tradicional galego. Dende a súa web www.tamaravalverde.com pódese adquirir algunha peza de "A Saia da Carolina". As prendas están confeccionadas no territorio nacional e fabricadas con tecidos 100% algodón. Tamén hai pezas para adultos.