Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Misión Trebellos

Para manter a saúde da Terra

Misión Trebellos

Concibido como unha serie, presentan Pere Tobaruela e Víctor Boullón, nas súas propostas de texto e imaxe, uns personaxes ben singulares CA, RU e XEM que se fan chamar Trebellos e que, convertidos na Unidade V da Garda Terráquea, teñen a misión de defender o planeta duns seres con poderes especiais e sen escrúpulos que loitan por controlar o mundo.

Unha perigosa fenda na capa de ozono alerta do perigo que corre o último reduto de esperanza do noso mundo polo que tras analizar a situación parten cara ao Polo Norte dispostos a enfrontarse á nube negra que supón unha seria ameaza para a supervivencia no planeta e o que nun comezo se revelaba como misión imposible acaba de modo satisfactorio debido á pericia e a afouteza dos robots que diriamos se comportan como humanos, preocupados polo entorno e por manter a saúde da Terra.

Termos como astronave, colisión, cosmos ou halo conviven con outros como galáctico, elíptico, espiral, gravitatorio ou electromagnético para imaxinar o futuro do planeta se non se adoitan medidas que freen actividades nocivas que agreden a vida en calquera das súas formas. Logo a ficción encárgase de alimentar a conciencia da necesidade de levar a cabo actuacións que, iniciadas na década dos setenta, amosaban que a natureza é un inmenso ser vivo do que formamos parte e que a forza que vitaliza a todos os seres ha de ser empregada para o ben da colectividade, non soamente duns cantos que se empeñan en enmascarar a realidade ou deturpala no seu propio beneficio.

Era a primeira misión e dela saen indemnes, xa veremos que lles sucede na seguinte.

TOBARUELA, Per, Trebellos. Lume no ceo (ilst. V. Boullón), Baía Ed., a Coruña, 2019, PVP. 12 ?

Compartir el artículo

stats