Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Linguaxe realista

Esperanzas no furacán da vida

Linguaxe realista

Os anxos indecisos está formado por un monllo de sete relatos, que nos fan viaxar desde unha aldea africana ata Vigo, para acompañar unha pequena heroína que loita por saír dunha vida cativa, véndose obrigada a sortear innumerables perigos. Logo a singradura do lector entra no universo da moda, no que nunca faltan motivos de escravitude e explotación. Ao rematar este relato xa somos conscientes das dificultades que viven moitas mozas, dificultades que acadan un límite extremo no último da serie, "Mensaxe nunha botella", narración dunha perversión de consecuencias tráxicas.

En xeral, os personaxes viven nos lindes do abismo: unha muller agarda en balde por un amor que a despreza; unha periodista de raza enfróntanse ás esixencias duns xefes que abrazan o poder e a mentira. Hai moita crítica social nestas historias, unha crítica clara dun mundo inxusto que, no caso de "Vento nas veas", abrangue elementos tan tebrosos e actuais coma o desafiuzamento, o paro, que veñen erguer un muro na vida dunha muller á que lle acaban de diagnosticar un cancro.

Manrique Fernández ten unha longa traxectoria no mundo da música, por iso non nos sorprende ese relato titulado "O ensaio" ( The Withe Birdes), no que vemos como se desfai un grupo. A historia está contada con detalles moi plásticos, e para ver como rachan as ilusións do grupo, o autor acode a unha técnica multiperspectivística que devén de gran eficacia.

O polifacético autor que é Manrique sitúanos con valentía no medio do negro furacán da vida, pero hai momentos de esperanza, territorios nos que aparece unha man solidaria e ganas de derrotar a adversidade. A linguaxe, realista, con destellos líricos e frases coloquiais.

FERNÁNDEZ, Manrique, Os anxos indecisos, Galaxia, Vigo, 2019, PVP. 13 ?

Compartir el artículo

stats