Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Suspense, misterio, expectación

Co sabor amargo da inxustiza

Suspense, misterio, expectación

Indagar na psicoloxía humana e profundizar nas entrañas do pensamento arrebola resultados fascinantes como a novela de Pierre Lemaitre que Moisés Barcia traduce para o galego e que vén de ser publicada en Rinoceronte Editora, Tres días e unha vida, un texto que narra a traxectoria vital dun mozo atrapado no seu arrebato de adolescente e que o perseguirá de por vida.

Coñecemos o desenvolvemento dos acontecementos en tres momentos puntuais espaciados no tempo: 1999 cando ten lugar a desaparición de Remi Desmedt, 2011 co protagonista a piques de rematar a súa carreira de Medicina e 2015 cando a vida de Antoine Courtin camiña polos vieiros da monotonía e do fastío conxugal.

Trátase dun relato no que o autor vai non só describindo o que sucede na pequena poboación de Beauval, senón o que pensa o protagonista e que dalgún modo anticipa o desexo de que algo suceda creando así unha interesante tensión narrativa que se manterá ata a última páxina e que amosa hipocresía e intriga case a partes iguais.

Suspense, misterio, expectación... -propiciados ora por ideas que a mente argalla, ora porque o abrandan condicións meteorolóxicas adversas, ora porque a natureza humana tende á protección- veñen ser algúns dos ingredientes que o lector pode degustar, percibindo entón o sabor amargo da inxustiza e mais o fracaso dun plantexamento vital que adoita a saída fácil como forma de actuación e que constata que non é, nin por asomo, a mellor solución, sobre todo, cando se converte nunha sorte de condena moito máis pesada ca o castigo que se merece

LEMAITRE, Pierre, Tres días e unha vida (trad. Moisés Barcia), Ed. Rinoceronte, Cangas, 2019, PVP. 18 ?

Compartir el artículo

stats