Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Narrar a distopía

Contra a república de Galaad

Narrar a distopía

Considerada unha figura fundamental da narrativa do Canada, Margaret Atwood é unha novelista de moda. Premio Príncipe de Asturias, a escritora está de actualidade pola serie de Netflix, O conto da criada, baseada na novela do mesmo título da autora.

O conto é unha distopía quen na liña de Huxley e Orwell, amosa a imposibilidade de que o individuo venza un estado totalitario. A obra transcorre despois de que nos Estados Unidos de América, co pretexto de loitar contra os atentados islamitas, se produce un golpe de estado. Unha ditadura teocrática, puritana e cristiá empregará como criadas as mulleres que considera indignas de exercer como nais. Estas mulleres cando son fértiles son sometidas a un proceso de servidume sexual e a súa obriga non será realizar actividades domésticas senón traer fillos ao mundo para que os críen as mulleres estériles da clase dirixente. A república de Galaad controla o pensamento e a sexualidade das mulleres, e semellante universo de ficción foi tomado como base para as súas protestas moitas feministas que loitan contra a misoxinia de Doando Trampa.

O relato, contado pola protagonista, sinala como esta perde a autonomía económica e o emprego, subliña a a imposibilidade de falar con persoas distintas dos seus propietarios ou ter actividades intelectuais, e tamén a obriga de manter relacións sexuais co seu comandante. "Somos ventres con pernas, máis nada" afirma quen sabe que procurar fuxir dese destino está castigado con métodos crueis e implacables.

Margaret Atwood inventa un mundo no que as mulleres perden ata o nome para ser designadas por un novo que indica a pertenza ao comandante que, en rituais ásperos e tráxicos, a penetra coa axuda da esposa.

ATWOOD, Margaret, O conto da criada, (trad. Céloa Recarey e Carlos Valdés) Irmás Cartoné, A Coruña, 2019, PVP. 19,5 ?

Compartir el artículo

stats