Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Entretidos relatos

Viaxe interior e afirmación

Entretidos relatos

Vimos de ler Alana, novela curta de aventuras ambientada na época castrexa coa que Francisco Fernández Dávila (Nigrán, 1974) gañou o XVII Certame literario de relato Antón Avilés de Taramancos. Os relatos tratan da procura da identidade galega máis coma viaxe interior ou de afirmación que coma loita contra o invasores da época, e que ben poderían ser previos ou coetáneos de Décimo Xunio Bruto e partes miúdas das súas tropas máis ca das súas lexións. Cómpre dicir que o autor de Nigrán xa gañara anteriormente diversos premios literarios, entre os que debemos salientar que en 2017 gañou con A senda de sal, publicada despois por Galaxia, o XVII Certame de Novela por Entregas de La Voz.

Para ambientarse e contextualizarse no lugar viña ben a lectura do artigo "O tesouro dos indianos", subtitulado "Citania de Santa Trega (A Guarda)", de Tere Gradín, publicado hai dous xoves en FARO DA CULTURA, pois aí é onde se desenvolve o relato, do que é protagonista Alana, ademais de en Bretaña, O Pindo e mais da costa sur galega. Glenda, antiga xefa dos Brigantes, abandona Irlanda na procura da súa filla perdida, Alana, separadas polo amplo mar transitado polos celtas, mar este e terras celtas que Roma trataba de conquistar. E nesa loita, a protagonista de dezasete anos que vive na citania do sur que contempla a fermosa desembocadura do Miño, centra case todas as peripecias do texto, inzado de variadas aventura na Bretaña e na costa sur do país dos kallaikoi, o noso presente.

Sen dúbida, entretidos relatos para este inverno.

FERNÁNDEZ DAVILA, F., Alana, Ed. Toxosoutos, Noa, 2018, PVP. 12 ?

Compartir el artículo

stats