Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Conexións fantásticas

Con áxil desenfado

Conexións fantásticas

A ficción ofrece sempre a posibilidade de crear mundos paralelos poboados por seres capaces de establecer coa realidade conexións fantásticas que atrapan a atención do lector dende o primeiro minuto.

Isto é o que sucede coa familia Fantom. Cando o protagonista, Fill Fantom, se presenta dicindo que ten dez anos e que é un fantasma que vive no Máis Máis Aló prende no maxín ao instante, sobre todo, ao convidarnos a acompañalo nunha das súas experiencias máis emocionantes ao Mundo dos Vivos.

Entrar no camposanto e ser absorbidos por un burato foi todo un, logo a chegada a Cidade Xardín é alucinante, así como tamén o son as peripericias do camiño de volta que sumiron á familia en máis dunha situación terrible, propia do Inframundo.

Con ritmo áxil e un desenfado sorprendente irrompe Patricia Mallo no panorama literario galego. Xa coñecida por Os Cabezombis na Mansión Espello, gaña agora o I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2018 con este libro, Os Fantom, texto no que se exhibe unha desbordante imaxinación e no que os ingredientes básicos son a cotidianeidade ficcionada e a figuración divertida, aderezado todo cunha boa dose de humor que permite abordar o tema e as escenas dende unha perspectiva simpática que non pasará desapercibida ao lector mozo.

Pola súa parte, a sinxeleza no estilo e na forma, unido á presentación dun mundo novidoso ao que os rapaces non están acostumados e que xoga con parámetros reais e irreais proporciona á novela, sen dúbida, un atractivo engadido.

MALLO, Patricia, Os Fantom, Ed. Galaxia, Vigo, 2018, PVP. 12 ?

Compartir el artículo

stats