Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Educación en ciudadanía

Alumnos de 4º da ESO do Colegio Vigo participan no programa educativo de Scholas Ocurrentes

Os participantes disfrutan dunha das actividades lúdicas.

Un grupo de alumnos e alumnas de cuarto curso da ESO do Colegio Vigo tivo a sorte de ser seleccionado para participar en Scholas Ciudadanía (Programa educativo da Fundación Scholas Ocurrentes) que tivo lugar en Vigo desde o pasado día 27 de setembro e durante toda a primeira semana de outubro.

"Os nosos escolares viñeron encantados coa experiencia, pois poucas veces, segundo nos comentaban, teñen oportunidade de sentirse escoitados e de poder sentir que a súa opinión tamén é tida en conta na sociedade. Chegaron convencidos de que a través da comunicación, o consenso, despois de coñecer distintas opinións e investigar sobre diferentes temas é máis doado entender o noso mundo", aseguraron os responsables do Colegio Vigo sobre esta participación en Scholas Ciudadanía.

O programa consta de dúas etapas. Na primeira, o alumnado participante debatiu sobre problemas que afectan á súa comunidade e elixiron por votación dous temas: a educación e o acoso. Na segunda etapa levouse a cabo un traballo de investigación para afondar nesas problemáticas e deseñar propostas de cambio.

Educar en valores

O alumnado, partindo das súas experiencias e intereses, traballou coa intención de xerar transformacións positivas en si mesmos e na súa contorna, tendo como base valores como a responsabilidade, a capacidade de escoitar aos demais, o entendemento da diversidade, a oportunidade de poder expresarse desde distintas disciplinas artísticas e por suposto o traballo en equipo.

"Desde o noso centro aproveitamos a ocasión para agradecer a Scholas Ciudadanía a oportunidade brindada aos nosos escolares para participar neste programa onde os participantes, ademais de divertirse moitísimo e sentirse como en casa, expresaron libremente as súas inquedanzas e comprobaron sobre todo que na diversidade de opinións e o respecto aos demais radica a riqueza. Toda unha experiencia que esperamos repetir", resaltan os responsables do centro escolar ubicado en Rande.

Compartir el artículo

stats