Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Alexandre Bóveda, presente nos centros xuvenís salesianos

Éxito na presentación en Vigo dos cadernos para o uso e a defensa da cultura galega

Presentación das publicacións sobre Alexndre Bóveda na libraría Don Bosco.

A librería Don Bosco acolleu a presentación dos cadernos "Para animar en galego, sen escusas nin atrancos" e "Cousas sobre Bóveda" da Comisión Xalgarete da Asociación Xuvenil Amencer, de Ourense.

"Todos os centros xuvenís de Galicia teñen na súa identidade o uso e a defensa da cultura galega. Deste xeito nace o caderno "Para animar en galego, sen escusas nin atrancos", unha publicación na que os animadores nos contan os seus medos e atrancos a usar o galego na animación do tempo libre", manifestan dende a aasociación xuvenil Abertal de Vigo.

O segundo caderno trata sobre Alexandre Bóveda, político republicano pertencente ao partido galeguista e pai do primeiro Estatuto de Autonomía, vencellado de cativo ó Oratorio dos Salesianos, xerme do que hoxe é a Asociación Xuvenil Amencer. Asociación irmá da nosa, Abertal.

Na presentación do caderno interviñeron dous escritores da publicación, cada un afondando en diferentes ámbitos da vida de Bóveda: Abel Caballero e Manuel Lence.

Político, cristián e solidario

  • O alcalde de Vigo, Abel Caballero, escritor no caderno, presentou ao Bóveda político, un home que foi asasinado por defender a democracia neste país. Xosé Manuel Lence, párroco da Ramallosa amousou o Bóveda cristián. Un home a quen a fe lle axudou a manter a paz e ata perdoar a quen o 17 de agosto o asasinou. Por último , tomou a palabra Elvira Rivas, coordinadora da Asociación Érguete, e que falou do traballo incansábel da súa asociación en prol dun colectivo desfavorecido, como é o dos enfermos de drogodependencia.

Compartir el artículo

stats