O Premio Otero Pedrayo 2023 recoñece o labor do exdirector da RAE Darío Villanueva
O xurado pon de relevancia a súa contribución á cultura no campo das letras e do coñecemento
O xurado do Premio Otero Pedrayo, impulsado pola Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, vén de fallar o galardón deste 2023 a favor de Darío Villanueva, polos seus “méritos no académico, na investigación e na actividade profesional como crítico literario e escritor, así como no institucional”.
O premio está dotado con 16.000 euros e recoñece a contribución á cultura de persoas e entidades no campo das letras e do coñecemento, como é o caso do tamén exrector da Universidade de Santiago de Compostela (exerceu o cargo entre 1994 e 2002) Darío Villanueva.
O xurado, composto por representantes do Goberno galego, das catro deputacións, das universidades galegas, da Real Academia Galega, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Fundación Otero Pedrayo, destacou a traxectoria do vilalbés, autor de numerosos ensaios sobre escritores como Valle-Inclán, Azorín, Torrente Ballester, Camilo J. Cela ou Emilia Pardo Bazán. Tamén foi presidente da Real Academia Española (entre 2014 e 2018). O profesor é colaborador de FARO DE VIGO, do grupo editorial Prensa Ibérica, e do suplemento Letras&Artes, onde cada mes publica un artigo baixo o lema “Fe de errores”.
O Premio Otero Pedrayo busca perpetuar e honrar a memoria do ilustre galeguista, promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións.
Temas
Más en Sociedad
-
Una decena de entidades LGTBIQ+ reclaman a la Comisión Europea medidas para prohibir las terapias de conversión
-
Aumento "alarmante" de las denuncias de discriminación a personas con trastornos mentales
-
Multas a puteros y a dueños de prostíbulos: las claves de la ley abolicionista que se vota hoy en el Congreso
-
El cáncer colorrectal rebaja su edad de incidencia