O coordinador do Seminario de Sociolingüística e vicesecretario da Real Academia Galega presentou onte na Real Academia Galega (RAG) o seu libro “O idioma galego baixo o franquismo” (Galaxia) que fala da persecución que sufriu o galego durante o réxime ditatorial.

“Este libro é unha crónica necesaria dos esforzos da sociedade galega, mesmo que fosen algunhas minorías, para a recuperación da dignidade do idioma en tempos moi adversos”, explicou o presidente da RAG; Víctor F. Freixanes, quen acompañou a Monteagudo xunto á secretaria da Academia, Margarita Ledo Andión, e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro.