Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Homenaxe á resistencia, liberdade e corazón

A Xunta de Galicia elixe Vigo para a homenaxe institucional a Arias

Pleno extraordinario na Real Academia Galega, onte en Vigo onde viviu Xela Arias Ricardo Grobas

Aseguraba onte o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, no remate do pleno extraordinario do Día das Letras Galegas en Vigo, que “poucos anos foron tan activos e tan empáticos como este Ano Xela Arias con proxección mesmo alén das nosas fronteiras”. Para non defraudar, as académicas Ana Romaní e Marilar Aleixandre máis Manuel Rivas leron os seus discursos de homenaxe á poeta e editora para louvar a súa resistencia, liberdade, rebeldía e traballo dende o corazón.

“O seu suxeito feminino non se somete ó establecido”

Ana Romaní - Académica Numeraria

decoration

Ana Romaní - Académica Numeraria

A retransmisión vía streaming do pleno –celebrado no Auditorio Mar de Vigo– foi necesaria polas limitacións da pandemia pero tamén porque houbo peticións de institucións ou colectivos de fóra para que chegara o pleno a Bos Aires, Brasil, Bélxica e outros países da Unión Europea, Madrid, Barcelona, Valencia, Euskadi, Lisboa ou Viana de Castelo. “Puxéronse en contacto connosco estes días para asistir a este acto”, indicou Freixanes quen lembrou que a finais de ano se celebrará o simposio sobre Xela Arias, a quinta muller na historia recoñecida neste día.

23

Homenaxe á resistencia, liberdade e corazón Ricardo Grobas

O presidente da Academia indicou a arela de que a celebración das Letras Galegas “active a utilización do noso idioma na vida, na prosa e na festa de cada día”, frase que atrapou a atención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen acudiu un ano máis fiel á cita.

Carmela Silva e Abel Caballero, coa familia de Xela. | // R.G.

A retransmisión vía streaming do pleno –celebrado no Auditorio Mar de Vigo– foi necesaria polas limitacións da pandemia pero tamén porque houbo peticións de institucións ou colectivos de fóra para que chegara o pleno a Bos Aires, Brasil, Bélxica e outros países da Unión Europea, Madrid, Barcelona, Valencia, Euskadi, Lisboa ou Viana de Castelo. “Puxéronse en contacto connosco estes días para asistir a este acto”, indicou Freixanes quen lembrou que a finais de ano se celebrará o simposio sobre Xela Arias, a quinta muller na historia recoñecida neste día.

O presidente da Academia indicou a arela de que a celebración das Letras Galegas “active a utilización do noso idioma na vida, na prosa e na festa de cada día”, frase que atrapou a atención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen acudiu un ano máis fiel á cita.

Precisamente, o pleno anotou varias demandas quizais pola presenza do mandatario galego, quizais polo espírito da homenaxeada, sempre contestatario. Non hai que esquecer que mesmo hai voces que dubidan de que ela aceptase entrar no canon do Día das Letras Galegas tal e como indica Ana Romaní nun dos capítulos de “A palabra esgazada” , a serie documental sobre Xela da RAG.

“Nos seus poemas as mulleres son cabalos enfurecidos”

Marilar Aleixandre - Académica da RAG

decoration

Marilar Aleixandre

Marilar Aleixandre lembrou que “o país está en risco de quedar sen lingua”. No seu discurso, destacou “a celebración da liberdade” e o feminismo nos poemas de Arias Castaño, quen desafiaba o “modelo de muller dócil” e ía contra o canon ao escribir, “ao crear nas marxes”.

Falou tamén a académica nos versos de Xela Arias “a animalidade como lugar de resistencia” das mulleres. Para Aleixandre, “nos poemas de Xela as mulleres son cabalos enfurecidos que mudan o rumbo dos poetas”. Para a académica,“nos poemas de verdade hai sangue e auga”, o que se atopa nos textos de Arias, Emilia Pardo Bazán ou Rosalía de Castro. Precisamente, tanto Marilar como a tamén académica Ana Romaní fixáronse en como Arias cuestionou como Rosalía a muller inmaculada para defender o dereito da muller “ a non ser inmaculada, nin melancólica”.

Para Romaní, Arias conecta con Xohana Torres quen escribira “non terás medo”. No caso de Xela, negou o medo para saltar, para desenvolver a súa autopoética dende a independencia, “entregada á disidencia”, indicou. Lembrou tamén como Arias termaba do idioma e as conexións entre Luz Pozo e ela cun suxeito feminino que “non se somete á orde, ó establecido” co poema como materia para esculpir a súa independencia.

“Ela escribía en galego dende as coordenadas da sinceridade”

Manuel Rivas - Académico numerario

decoration

Manuel Rivas

Manuel Rivas, sinalou que Xela Arias “escribía en galego dende as coordenadas da sinceridade e que gardaba unha soidade “compartida”: “Ó ler a Xela sentimos que nos achegamos a nós mesmos” para rematar dicindo que Xela camiñaba sobre a liña do horizonte, mantendo á reaia a nada para “impedir o secuestro do corazón do mundo”.

“A poesía non vén decorar este mundo, (...) vén producir o desequilibrio, non vén dar o visto bo, vén ver o que non está ben visto e para ollar o oculto cómpre botarse fóra. Xela Arias bótase fóra da orde do día. (...) A literatura non pode ter medo a ficar fóra, pola contra o que fica fóra é o seu foco de interese”, advertiu Manuel Rivas para chisca-lo ollo á advertencia de que vivimos nun “estado de emerxencia”.

Rivas tratou de tocar a alma dos asistentes –preto dun cento– en escollas existenciais: “O dilema é comunidade ou caos, biodiversidade ou bioperversidade, perda ou rescate. Isto ten moito que ver con Xela”, quen sempre apoiaba demandas do pobo contra inxustizas.

Pleno extraordinario do Día das Letras, onte no Auditorio Mar de Vigo. Ricardo Grobas

O público vibrou ó escoitar a Mónica de Nut, Pablo Carrera e Fernando Abreu ó abrir o acto cun poema musicalizado no que se escoitou a propia voz de Xela uns meses antes de morrer; para rematar a cerimonia co himno galego.

“Os discursos da Academia foron extraordinarios

Amparo Castaño - Nai da homenaxeada

decoration

Amparo Castaño - Nai da homenaxeada

Foi o momento do inicio o intre máis emotivo para o fillo de Arias, Darío Gil, asistente ó acto xunto seu pai, Xulio Gil, e a súa avoa Amparo Castaño. “Escoitar a voz gravada da miña nai foi moi, moi emotivo”, sinalou Darío a este diario.

“Escoitar a voz gravada da miña nai foi moi emotivo”

Darío Gil - Fillo de Xela Arias

decoration

Darío Gil - Fillo de Xela Arias

Tamén agradeceu o esforzo das institucións, centros de ensino, editoriais e colectivos por este Ano Xela Arias: “O que queriamos dende a familia era que perdurara o seu recordo e mesmo que a súa lembranza e figura literarias “quedasen vivas pasado este ano”.

A súa avoa Amparo, tralo colofón, comentaba coas bágoas acariñando a cara que “todo foi moi emocionante. Os discursos da Academia foron extraordinarios e que tamén estivera aquí Beiras que é amigo da familia de toda a vida”.

Ademais da familia, tamén acudiron ó pleno da RAG o alcalde de Vigo, Abel Caballero –que fixo unha recepción no MARCO aos académicos, na que a concelleira Uxía Blanco leu o Bando das Letras do Concello e na que o rexidor puxo en valor a poesía de Arias como forma de transmisión dos sentimentos–; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o presidente do Parlamento de Galicia; o delegado do Goberno; o conselleiro de Cultura; a presidenta do Consello da Cultura Galega; o alcalde de Sarria; representantes de grupos políticos; secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística; os tres reitores; concelleiros do Goberno de Vigo; o tenente alcalde de Ourense, responsables de editoriais galegas, Fundación Penzol, Fundación Galaxia, e AELG.

Pleno extraordinario do Día das Letras, onte no Auditorio Mar de Vigo. Ricardo Grobas

Na honra dos profesores de instituto

Como ben dixo Manuel Rivas no pleno extraordinario da Real Academia Galega, Vigo convertiuse no epicentro da homenaxe a Xela Arias, a homenaxeada polo Día das Letras Galegas. Numerosas institucións e entidades de toda Galicia se implicaron na celebración para divulgar a súa figura e obra. No caso da Xunta de Galicia, o lugar elixido foi o IES Castelao, no barrio do Calvario, o centro no que a propia Arias estudou de moza e onde se louvou onte o papel do profesor de instituto.

Feijóo intercambia olladas con Dario Gil (centro) Ricardo Grobas

Os discursos –informa EFE– da entrañable cerimonia abriunos a docente e amiga persoal da distinguida nas Letras Galegas de 2021, Mónica Soto, que nlembrou que a Xeliña de 13 anos elixiu ese centro porque era un dos poucos mixtos de entón e, como a súa nai Amparo sempre defende, ela actuou con firmeza en todas as etapas.

“Poucos anos foron tan activos como este de Xela”

Víctor Freixanes - Presidente da RAG

decoration

Víctor Freixanes

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, profundou en que é neses lugares onde se forxan as personalidades, a autodeterminación persoal, ata os 15 ou 16 anos.

De aí a importancia da política educativa, dixo, e da tarefa dos profesores de instituto con alumnos cuxo carácter se vai forxando nesas aulas, así como os grandes afectos e compromisos.

Xela estivo nos dous lados, lembrou, e sempre permanecerá no imaxinario colectivo, sen chegar a outras idades, como unha moza sedutora pero sobre todo con moitísima luminosidade.

Darío, o fillo que tivo co fotógrafo Xulio Gil, presente na placa que se descubriu nesta institución educativa, contou algo que, curiosamente, non se dixo da súa nai, e é que adoraba a mitoloxía, sobre todo o mito de Penélope, a muller que espera e que mantén a esperanza.

Xogando con iso, Darío agradeceu á súa proxenitora todo e aos dous “Sísifos” da súa vida, o seu pai e o seu tío Lois, que sempre o empuxaran e alentasen.

Á súa parella adicoulle Darío o mito de Atlas por cargar sobre os seus ombreiros o ceo e aguantalo “todo o ano”, que “non é pouca cousa”, e del mesmo esperou non caer no mito de Ícaro, que non se queimen as súas ás e se precipite ao baleiro.

Pola súa parte, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desexou ao único fillo de Xela que pronto se convirta en profesor de Secundaria.

O xefe do Executivo galego gabou que a lingua propia é ponte, non un valado; que é un punto de encontro, e non unha disxuntiva, e que a cultura común congrega e non separa.

Enxalzou o máximo mandatario autonómico o labor de personalidades como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Xela Arias, á que hai que ler con detemento.

Da historia familiar desta última subliñou que primeiro foron alumnos e despois mestres e que ela sempre loitou contra o tópico ata dobregalo, innovando, inventando moldes e fuxindo do convencionalismo.

Compartir el artículo

stats